Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas

martes, 14 de octubre de 2008

Nova tempada de Catroventos

A nova tempada de Catroventos comeza este martes cun programa moi especial, que ven coa Lúa chea, con unha chea de sorpresas... agardamos que do voso agrado.

Coma outras moitas lúas cheas... esta vai ser especial, pero, se cabe máis especial que as outras... no programa xa escoitaredes por qué.

E bueno... de momento, nada máis, iremos actualizando conforme pase a Xornada.


Catro Ventos
.

lunes, 29 de septiembre de 2008

Preparación da nova tempada de catroventos

Un ano máis,co curso, prepárase a nova tempada de catroventos con moita ilusión e, agardamos que moitas novidades. Todo iso irase desgranando ao longo do próximo medio mes.

Polo demáis, catroventos, o programa de radio kampus ourense, busca colaboradores de dentro (e mesmo fora) do campus de ourense. Para iso, só tedes que enviar un audio no que desenrroledes o que sería o contido da vosa sección, a catroventos@gmail.com, preferiblemente en formato Ogg Vorbis (aínda que tamén é admitido o mp3).

Por restricións de envío do sistema de correo, os audios poderán ocupar un máximo de 20 MB. (aínda que por información de envío que o sistema adoita incluir co ficheiro, recoméndase o envío de ficheiros que non pasen dos 15 MB.).

Agora ben, tamén hai que ter en conta que algúns sistemas de correo só permiten o envío ou recepción de 10 MB., para iso, consultade a sección de axuda do voso sistema de correo, ou, para cerciorarvos de que vos "cabe" abride unha conta de correo en www.gmail.com, que permite ata 20 MB. por cada correo, en ficheiros engadidos.

Por certo, os artigos sobre esta petición de colaboradores aparecerá coa marca ou na categoría: "elección colaboradores" de agora en diante.

Bo inicio de curso.

martes, 6 de mayo de 2008

Invitacións para Catroventos

O próximo 8 de Maio, dende as 22.30 horas, teremos o ultimo catroventos da tempada regular, antes da primeira gala fin de curso, do próximo 15 de Maio (o Grand Finale reservámolo para máis adiante).

Por isto, aquelas persoas que estén en Ourense para o próximo 8 de maio e queiran obter unha invitación personalizada para o programa, deben enviar un correo electrónico a catroventos(arrobiña)gmail.com antes das 12 horas do propio día 8, para que se lle envíe cumpridamente a súa invitación.

Para isto, debe incluir o correo electrónico ao que quere recibir a invitación, como o seu nome e apelidos, así como o número de DNI.

No caso de ser universitarios do campus de ourense, deberán levar para o programa, tanto o DNI, como algunha credencial que os acredite a súa condición de universitario no campus.

Equipo Catroventos.

jueves, 3 de abril de 2008

Interrupción temporal da emisión de catroventos

Estimad@s amig@s de catroventos,

Esta semana non haberá emisiónregular de catroventos, xa que mañá un servidor ten un compromiso de necesaria asistencia a bastantes quilómetros dos Estudios da RKO en Ourense, e tiven que me desprazar, co consiguinte impedimento para a emisión.

Con todo, o noso próximo programa será o próximo Xoves, día 10 de Abril dende as 22.30 horas.

Por favor, disculpade polas molestias que isto vos poida ocasionar.

Un saúdo,

Antón.
Programa CatroVentos.
Radio Kampus Ourense.

viernes, 22 de febrero de 2008

Discorrer de "Eclipse", segunda lúa de catroventos


Neste programa, comezamos falando, como non , da lúa. Principiamos cuns cantos temas musicais relacionados co noso satélite, e logo pasamos a falar de todo o que segue:

* Descubrindo a lúa enterámonos dos nomes lunares ao longo do ano.
* En Blogs lunares, falamos de:
-Blog de Luna, unha lúa moi especial, que di vivir en Nepal.
-El lobo y la luna, ou onde a literatura se atopa coa vida.
-Hija de la luna, unha concesión ao diferente e o descoñecido.
*Nas "Novas na lúa", botamos unha ollada ás novas sobre a lúa que destacaba Google News España.

*Na Hora Meiga da medianoite, presentamos a MOON 6 , de Fluydo, do seu "7 Fool Moons"

Finalmente, presentamos temas musicais, algunha canción dos oíntes (Gracias Cuervito), e erguemos as amarras con La Barca de Súa.

Equipo CatroVentos.

jueves, 21 de febrero de 2008

Segundo programa adicado a lúa


Logo do programa que a semana pasada adicamos á lúa, como anunciamos en antena, imos a ter esta semana un segundo programa adicado á lúa.

Falaremos do acontecemento lunar da semana: o eclipse total de lúa da pasada noite. Tamén seguiremos coa presentación dun traballo musical moi relacionado coa lúa.

E esta semana: Noticias na lúa.

Todo esto e máis, no catroventos desta semana, dende as 22.30 horas (hora galega, CET = UTC+1).

jueves, 13 de diciembre de 2007

Hoxe, novo programa de catroventos

Hoxe non perdades o programa, porque ven cargadiño de cousas que pasaron, de novidades, de podcasts, de blogs, e de todo o que queirades.

Se queredes que algo se diga no programa, enviádeo antes das 21.30 a:

catroventos@gmail.com
E, se queredes enviar unha canción dedicada a alguén, enviade o mp3 da canción (agás que esta sexa de música libre, caso no cal a descargaría eu directamente), áo mesmo enderezo de correo.

Para saber como escoita-la rko, só tedes que visita-lo seguinte post:

Como escoita-la rko

Unha aperta,

Forza4

viernes, 16 de noviembre de 2007

Resumo Catroventos 15 novembro 2007

Esta semana, falamos das actividades culturais da semana que ven en Ourense. Nas noticias de Actualidade, temos o caso do "home árbore" indonesio, unha sorprendente historia, que agardamos teña un final feliz.

Logo, tivemos a presentación do ultimo álbume de Fanny e Alexander "Finais dos 70, Principios dos 80", mentres compaxinabamos coa sección de dedicatorias.

E lembrade que podedes seguir adicando cancións (enviando un arquivo musical con el, ou sen envialo se é música libre), enviando todo a:

catroventos@gmail.com

Ligazóns:

* Agenda de mundourense.com [mundourense.com]
* A increíble historia do home árbore [20minutos.es]
* Fanny e Alexander, novo álbume [aregueifa.net]
* Jamendo, Música libre e gratis (Máis de 5000 álbumes).
* A Regueifa, Música libre en galego.
* Cabreados.org, podcast amigo.

jueves, 8 de noviembre de 2007

Nova tempada de catroventos

Hoxe, xoves 8 de novembro, teremos o programa comezo de tempada de catroventos (programa 1bis). Nel, teremos un pouco de todo, e, segundo vaian pasando as horas iremos desvelando por aquí o contido do programa. Estade atent@s. :)

lunes, 18 de junio de 2007

Máis detalles sobre a viaxe


Vaise achegando a data, e é que só restan 3 menos de 3 días e 5 horas para o último programa da tempada. Cada vez temos máis detalles, e semella que ao final é moi posible que haxa invitad@s ao programa en directo, que estén físicamente no Estudo. Doutra, tamén haberá posibilidade de vernos dende fora da "peixeira".

Sobre o que trataremos no programa, dicirvos que haberá un pouco de todo. Pero en fin... non desvelaremos ningunhas sorpresa, e emprazámosvos para o programa do Xoves, día 21, ás 22 horas, na sintonía de Radio Kampus Ourense.
Sobre lo que trataremos en el programa, deciros que habrá un poco de todo. Pero en fin.. no desvelaremos ninguna sorpresa, y os emplazamos para el programa el Jueves, día 21, a las 22 horas. en la sintonía de Radio Kampus Ourense.

Se queredes saber como sintonizarnos, pasádevos por rko-radio.blogspot.com, e alí dirémosvos como facer para escoitarnos, ou pulsade directamente aquí.


Forza4.

Enlaces:


lunes, 11 de junio de 2007

Viaxe dos Catro Ventos 2007

Logo de remata-las emisións regulares hai unhas semaniñas, xa temos data para o Catroventos fin de curso. Será un programa especial no que repasaremos a tempada, e tenremos sorpresas especiais, invitados, y máis.

Agardámosvos a todos e todas, para despedi-lo curso ao grande, e recordar momentos dun programa que se fixo máis grande e mellor gracias a todos vos.

Xa sabedes, o 21 de Xuño, dende as 22h., o especial de fin de curso "Viaxe dos Catro Ventos 2007", en Radio Kampus Ourense.

jueves, 3 de mayo de 2007

Guezos en Catro Ventos

Na emisión de hoxe de Catro Ventos teremos a Guezos [2], grupo de pop-rock ourensán ao que faremos unha entrevista na que falaremos tanto dos seus traballos, coma dos seus concertos, proxectos de futuro, e demáis. Asemade, falaremos do seu próximo concerto o día 5 no campus universitario de Ourense.

Este grupo tivo un punto de inflexión no seu coñecemento xeral so participaren no concurso A polo Ghit, organizado por Vieiros e o programa Extrarradio [2] da Radio Galega).

Contaremos coas seccións habituais, aínda que algunhas se moverán de sitio por mor da entrevista.

Con todo, podedes seguir enviando as vosas dedicatorias a: catroventos(arroba)gmail.com

jueves, 19 de abril de 2007

Catroventos volta á emisión

Esta noite, entre 22h. e 0.30h. do venres volta catroventos á emisión normal, tras superar o catarro o director do mesmo.

Esta noche, entre 22h. y 0.30h. del viernes vuelve catroventos a la emisión normal, tras superar el catarro el director del mismo.