Mostrando entradas con la etiqueta resumo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta resumo. Mostrar todas las entradas

viernes, 22 de febrero de 2008

Discorrer de "Eclipse", segunda lúa de catroventos


Neste programa, comezamos falando, como non , da lúa. Principiamos cuns cantos temas musicais relacionados co noso satélite, e logo pasamos a falar de todo o que segue:

* Descubrindo a lúa enterámonos dos nomes lunares ao longo do ano.
* En Blogs lunares, falamos de:
-Blog de Luna, unha lúa moi especial, que di vivir en Nepal.
-El lobo y la luna, ou onde a literatura se atopa coa vida.
-Hija de la luna, unha concesión ao diferente e o descoñecido.
*Nas "Novas na lúa", botamos unha ollada ás novas sobre a lúa que destacaba Google News España.

*Na Hora Meiga da medianoite, presentamos a MOON 6 , de Fluydo, do seu "7 Fool Moons"

Finalmente, presentamos temas musicais, algunha canción dos oíntes (Gracias Cuervito), e erguemos as amarras con La Barca de Súa.

Equipo CatroVentos.

viernes, 16 de noviembre de 2007

Resumo Catroventos 15 novembro 2007

Esta semana, falamos das actividades culturais da semana que ven en Ourense. Nas noticias de Actualidade, temos o caso do "home árbore" indonesio, unha sorprendente historia, que agardamos teña un final feliz.

Logo, tivemos a presentación do ultimo álbume de Fanny e Alexander "Finais dos 70, Principios dos 80", mentres compaxinabamos coa sección de dedicatorias.

E lembrade que podedes seguir adicando cancións (enviando un arquivo musical con el, ou sen envialo se é música libre), enviando todo a:

catroventos@gmail.com

Ligazóns:

* Agenda de mundourense.com [mundourense.com]
* A increíble historia do home árbore [20minutos.es]
* Fanny e Alexander, novo álbume [aregueifa.net]
* Jamendo, Música libre e gratis (Máis de 5000 álbumes).
* A Regueifa, Música libre en galego.
* Cabreados.org, podcast amigo.