lunes, 29 de septiembre de 2008

Preparación da nova tempada de catroventos

Un ano máis,co curso, prepárase a nova tempada de catroventos con moita ilusión e, agardamos que moitas novidades. Todo iso irase desgranando ao longo do próximo medio mes.

Polo demáis, catroventos, o programa de radio kampus ourense, busca colaboradores de dentro (e mesmo fora) do campus de ourense. Para iso, só tedes que enviar un audio no que desenrroledes o que sería o contido da vosa sección, a catroventos@gmail.com, preferiblemente en formato Ogg Vorbis (aínda que tamén é admitido o mp3).

Por restricións de envío do sistema de correo, os audios poderán ocupar un máximo de 20 MB. (aínda que por información de envío que o sistema adoita incluir co ficheiro, recoméndase o envío de ficheiros que non pasen dos 15 MB.).

Agora ben, tamén hai que ter en conta que algúns sistemas de correo só permiten o envío ou recepción de 10 MB., para iso, consultade a sección de axuda do voso sistema de correo, ou, para cerciorarvos de que vos "cabe" abride unha conta de correo en www.gmail.com, que permite ata 20 MB. por cada correo, en ficheiros engadidos.

Por certo, os artigos sobre esta petición de colaboradores aparecerá coa marca ou na categoría: "elección colaboradores" de agora en diante.

Bo inicio de curso.