martes, 6 de mayo de 2008

Invitacións para Catroventos

O próximo 8 de Maio, dende as 22.30 horas, teremos o ultimo catroventos da tempada regular, antes da primeira gala fin de curso, do próximo 15 de Maio (o Grand Finale reservámolo para máis adiante).

Por isto, aquelas persoas que estén en Ourense para o próximo 8 de maio e queiran obter unha invitación personalizada para o programa, deben enviar un correo electrónico a catroventos(arrobiña)gmail.com antes das 12 horas do propio día 8, para que se lle envíe cumpridamente a súa invitación.

Para isto, debe incluir o correo electrónico ao que quere recibir a invitación, como o seu nome e apelidos, así como o número de DNI.

No caso de ser universitarios do campus de ourense, deberán levar para o programa, tanto o DNI, como algunha credencial que os acredite a súa condición de universitario no campus.

Equipo Catroventos.

No hay comentarios: